GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA O IMPULSO TIC 3

1. O concepto

TIC IMPULSA 3 é unha potente plataforma de xestión para as entidades do sector terciario que permite mellorar a xestión no proceso de atención e desenvolvemento da poboación beneficiaria á que atenden.

      1. TIC IMPULSA 3 simplifica e axiliza os procesos de xestión, polo que se eliminan pasos innecesarios.
      2. Potencia o modelo de atención centrada na persoa, o que permite a xestión e a avaliación do desenvolvemento da persoa ou familia destinataria: os seus obxectivos, a participación, a toma de decisións, etc.
      3. Centraliza toda a información nunha contorna segura, eliminando o papel e obtendo unha xestión documental intelixente e sostible.
      4. Inclúe módulos de xestión integral: bens e equipamentos, sistema de tíckets, xestión do talento e a formación, bolsa de traballo, etc.
      5. Inclúe un modelo holístico que integra tódolos datos relevantes da persoa segundo o seu contexto ou o seu ámbito de intervención: laboral, clínico, educativo, familiar e incluso podendo chegar a ser totalmente adaptable a cada necesidade que a entidade teña.
      6. Permite que a propia entidade personalice a ferramenta segundo as súas necesidades mediante o axuste dos procesos básicos, os campos, os informes, as listaxes, o control de asistencia, as citas, etc.
      7. Adapta as intervencións segundo os diferentes colectivos e tipos (residencial, familiar, medio aberto, UEC, etc.).
      8. Obtéñense datos precisos e estatísticos capaces de alimentar un cadro de control que mide a excelencia nos procesos e facilita a mellora continua.

TIC IMPULSA 3 (no sucesivo, TI.3) é un proxecto que ten por obxecto a mellora dos servizos de FICE e as entidades asociadas adheridas ao proxecto, cun modelo de transformación dixital. Con isto conseguiuse unha plataforma doada de manexar orientada ás necesidades do sector, eficiente e moi versátil.

gl_ES