GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA O IMPULSO TIC 3
4. Tecnoloxía, servizos e seguridade integrados en TIC IMPULSA 3
Modelo de distribución ideal entre as entidades da infancia e do terceiro sector
4.2. Unha infraestrutura de servidores segura e con escalabilidade no territorio español
Segundo a normativa estatal de 2019, tódalas institucións deberán ter os seus servidores en territorio español.
Aínda que as entidades sociais privadas non teñan a categoría de administración pública, no tocante á xestión de datos nos procesos de intervención de persoas derivadas e financiadas pola administración pública, as entidades deberán cumprir coa mesma premisa.
Polo tanto, é preciso que tódolos datos de expedientes e procesos estean aloxados nun servidor no territorio español para cumprir así coa normativa vixente.
Moitas solucións parciais adoptadas por algunhas entidades sociais non cumpren con esta normativa, nin tan sequera coa da protección de datos. Servizos na nube como Google Drive e Office 365, entre outros, non garanten que o servidor se atope en territorio español, nin as políticas de sinatura e propiedade requiridas pola LOPD.
Atendendo a estes requirimentos, TIC IMPULSA 3 realizou unha importante inversión en arquitectura de sistemas co fin de axudarlles ás entidades sociais a cumprir coa normativa esixible cun importante aforro de custos.
Se cada entidade se vira obrigada a realizar a devandita inversión, incrementaríanse os custos de xeito exponencial.
TIC IMPULSA 3 ofrece as seguintes garantías no tocante á seguridade, á normativa e á escalabilidade esixibles.
| Infraestrutura de servidores en territorio español | Tódolos servidores e tódolos datos se atopan en dous datacenters balanceados situados en Madrid. |
| Auditoría de seguridade | Estableceuse un sistema de seguridade que minimiza o risco de sufrir ciberataques: bloqueo por IP ou bloqueo por peticións masivas, entre outros. |
| Cumprimento coa LOPD e coas normas ISO relativas á seguridade | O datacenter cumpre con tódalas normativas de seguridade, coa LOPD e coas normas ISO esixibles. |
| Escalabilidade garantida | Non se trata dun servidor, senón dun cluster de servidores. Esta infraestrutura permite ampliar a capacidade a medida que aumenta o número de usuarios, sen ter que facer instalacións complexas. |
| Licenzas integradas | Tódalas licenzas requiridas para o uso de TIC IMPULSA 3 están incluídas na cota, polo que non é preciso engadir ningún gasto adicional. |
| Servizo de soporte e licenciamento | TIC IMPULSA 3 ofrece un sistema de soporte 8x5 (5 días durante las 8 horas laborais) para a resolución de problemas, a partir dun proceso SLA con compromisos de actuación. |
| Copia de seguridade | Realízase unha copia de seguridade e un servidor duplicado en dous datacenters separados por un mínimo de catro quilómetros, co que se garante que se un deles deixa de funcionar, o outro se activa ao momento (por exemplo, en situacións de cortes de luz, incendios ou ciberataques masivos, entre outros, que poidan afectar a un datacenter). |
| Monitorización | Un proceso informático está monitorizando permanentemente os procesos críticos da máquina co fin de anticiparse a calquera problema que puidese acontecer e dar o aviso correspondente antes de que se produza. |
| Soporte de infraestruturas | Soporte de funcionamento 24x7 (isto é, 7 días á semana as 24 horas) no tocante ao mantemento do servidor en funcionamento por parte do datacenter. |
| Garantía do 99,89 % | O contrato de SLA garante o funcionamento de TIC IMPULSA 3 o 99,89 % do tempo durante todo o ano. |
4.3. Servizos ofrecidos por TIC IMPULSA 3
Os servizos que TIC IMPULSA 3 lles ofrece ás entidades son os que se refiren ao soporte e a aplicación da ferramenta:
- Consultoría.
- Adaptación de procesos e módulos.
- Formación a usuarios.
- Personalización da ferramenta.
- Creación de espazos para o Self Directed Suport.
- Creación e configuración de espazos de formación, comunidades e xestión do talento e, neste caso, soporte directo a usuarios.
- Soporte e aplicación.